A Mancomunidade pretende axudar aos novos empresarios na promoción do seu negocio, por elo elaborou o proxecto Novos emprendedores.
Os emprendedores seleccionados participarán nun vídeo onde amosarán os seus servizos e productos. Logo farase difusión en youtube, vimeo, blog de emprego, revistas online e reportaxes nos medios de prensa escrita.
O prazo de participación remata o luns 19 de novembro.
Ampliamos o horario de presentación de solicitudes, teremos o rexistro aberto ata as 15:00.
Animádevos a participar! Será máis fácil desenvolver a economía dunha comarca se traballamos xuntos.
Deixar unha resposta