Inspirado no modelo educativo alemán, combina a formación teórica e un contrato en prácticas con empresas.
Os e as mozas, de entre 16 e 30 anos, poderán participar en programas de ata tres anos de duración onde destinarán un mínimo do 25 por cento da súa xornada laboral a formación teórica o primeiro ano e un mínimo do 15% os seguintes. O resto do tempo, pasarano na empresa de destino, onde, con supervisión, recibirán a formación práctica cualificada requirida para levar a cabo o seu traballo, tras o cal obterán un certificado cualificación de profesionalidade ou un título de FP correspondente.
Este novo sistema, inspirado no modelo alemán, segue o principio de “aprender traballando” e aspira a incentivar aos e as mozas a que adquiran niveis superiores de cualificación e formación.
O Goberno dará bonificacións ás empresas para que participen nestes programas. En compañías con menos de 250 empregados subvencionará o 100% das cotas á Seguridade Social, e se supera ese número o 75%, cun contrato de formación. Se ao finalizar a formación contrata o alumno, haberá bonificacións á Seguridade Social.
Máis información:
Real Decreto 1529/2012, de 8 de novembro, , polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.
Deixar unha resposta