Por quinto ano consecutivo, BBVA convoca este premio dedicado ao recoñecemento de iniciativas innovadoras que fomenten a integración sociolaboral de persoas con discapacidade en España. Neste labor cóntase coa colaboración de entidades do ámbito da discapacidade como FEACEM, CERMI, Fundación ONCE, FEAPS e COCEMFE.
Poderán participar no presente concurso aquelas iniciativas levadas a cabo por asociacións ou entidades españolas de iniciativa social privada sen ánimo de lucro, emprendedores autónomos con discapacidade e Centros Especiais de Emprego, sempre que cumpran os requisitos establecidos.
Prazo: ata o 3 de decembro.
Deixar unha resposta