Obxecto: convocar, en réxime de concorrencia competitiva, e dacordo cos principios de obxectividade e publicidade, sete bolsas destinadas a titulados superiores universitarios, para a formación de posgraduados nos métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.
Condicións:
A contía individual da bolsa será de 12.190 € anuais e o seu importe aboarase, a mes vencido, en once mensualidades.
A bolsa comprende de xaneiro a decembro de 2013.
Requisitos:
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas na presente Resolución todas aquelas persoas de nacionalidade española. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os cidadáns dalgún Estado membro da Unión Europea ou de terceiros países con residencia legal en España. En todos os casos deberán encontrarse, no prazo de presentación das solicitudes, en posesión do título graduado ou licenciado, obtido dentro dos catro anos anteriores á data de publicación da convocatoria. Os títulos estranxeiros ou os expedidos en centros españois privados, deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español.
Os aspirantes á obtención desta bolsa deberán acreditar unha cualificación media final igual ou superior a un 1,8 (segundo o baremo de 1 a 4).
Prazo: ata o 2 de novembro
Deixar unha resposta