Estas bolsas teñen o obxectivo de desenvolver, a través da experiencia práctica en empresas e organizacións situadas en Europa, Estados Unidos, Canadá e países asiáticos, as capacidades e habilidades profesionais abondo para complementar a formación profesional recibida nas universidades, ampliando deste xeito as competencias lingüísticas e o coñecemento de realidades socio culturais, que faciliten o acceso ao mercado laboral nun ámbito internacional.
Os requisitos que debes cumprir son os seguintes:
. Ser estudante de últimos cursos de calquera titulación impartida en Universidades españolas públicas ou privadas recoñecidas polo Ministerio de Educación ou estar a realizar o PFC.
. Non ter gozado previamente dunha bolsa Leonardo en calquera das súas formas nin dunha bolsa de prácticas de mobilidade internacional subvencionada con fondos públicos.
As bolsas concédense de forma continua durante a vixencia do programa, sendo o 31 de Decembro de 2013 a data límite de finalización e regreso do último bolseiro. A duración media da bolsa é de sete meses no caso de levarse a cabo en EE.UU, Canadá e Asia e de seis meses no caso de Europa.
Programa Internacional de Bolsas. Faro Global
Publicado en novas
Deixar unha resposta