Emprendetur Mozos Emprendedores
Obxectivos prioritarios:
a) Facilitar o desenvolvemento de modelos de negocio innovadores que melloren a competitividade e rendibilidade do sector turístico español.
b) Fomentar a incorporación ao tecido turístico empresarial de mozos emprendedores innovadores.
c) Apoiar a posta en marcha dos proxectos innovadores desenvolvidos por mozos emprendedores.
Tipos de proxectos e actuacións obxecto de axuda.
Serán susceptibles de ser obxecto de axudas os proxectos e modelos de negocio que se adecúen ás medidas identificados no Plan Nacional e Integral de Turismo (PNIT) mencionados no apartado segundo desta orde e aos ámbitos de coñecemento científico tecnolóxico do sector turístico que se especifican no anexo I desta orde.
Os proxectos e modelos de negocio, ou no seu defecto os gastos financiados con cargo aos préstamos, deberán ter comezado a executarse con posterioridade á data de publicación da correspondente convocatoria. Así mesmo, o prazo máximo de execución de proxectos e modelos de negocio será de tres anos, podendo incluírse entre os gastos financiables todos aqueles que se realizasen con anterioridade á finalización do mencionado prazo.
Características das axudas:
As axudas outorgadas revestirán a forma de préstamos.
a) Financiamento máximo: Ata o 100 % do custo financiable dos proxectos ou accións, sen que a cantidade financiada poida superar a cifra de 1.000.000 euros, ou a cifra do neto patrimonial acreditado da empresa no momento da solicitude.
b) Prazo máximo de amortización de cinco anos incluíndo opcionalmente un período de carencia máximo de dous anos. O aboamento da amortización e dos correspondentes intereses realizarase ao final de cada período de amortización determinado na resolución de concesión.
c) A modulación, tanto do financiamento máximo coma dos prazos de amortización ou de carencia determinaranse en cada convocatoria.
d) O tipo de xuro de aplicación determinarase así mesmo en cada convocatoria dacordo co marco legal en vigor.
e) Non se esixirán garantías para a concesión destas axudas.
3. O financiamento destas axudas imputarase ás aplicacións presupostarias que para cada ano se determinen nos correspondentes Presupostos Xerais do Estado e especificaranse en cada convocatoria.
Beneficiarios:
As persoas físicas, residentes en España, que teñan menos de corenta anos no momento de presentación da solicitude e persoas xurídicas validamente constituídas en España, nas cales a media de idade dos socios sexa igual ou inferior a corenta anos no momento da presentación da solicitude, e sexan PEME con forma societaria, constituída, como máximo, nos vinte e catro meses anteriores á solicitude.
2. Dentro do concepto empresa diferéncianse as pequenas e medianas empresas
que, á súa vez, se definen e dividen segundo se indica a continuación:
a) Na categoría PEME defínese unha «mediana empresa» como unha empresa
que ocupa a menos de 250 persoas, e cuxo volume de negocio anual non excede de 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros.
b) Na categoría PEME defínese unha «pequena empresa» como unha empresa
que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
c) Na categoría PEME defínese a unha «microempresa» como unha empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
3. Os solicitantes destas axudas deberán acreditar, como condición de solvencia económica no momento de presentación da súa solicitude que a suma dos seus bens e dereitos, incluíndo créditos fronte a terceiros é superior á suma das súas débedas incrementada nun 50 por cento.
Prazo: 15 días hábiles a partir da publicación desta convocatoria no BOE ( 20/11/12). Ata o 07/12/2012
Contacto para dúbidas
Para cuestións administrativas o de índole procedimental:
Tfno.: 91 443 07 07
Correo electrónico: innpulsa@segittur.es
Para cuestións informáticas:
Tfno.: 91 349 40 05
Correo electrónico: oficinavirtual@minetur.es
Deixar unha resposta