No día de hoxe saiu publicado no Diario Oficial de Galicia o Decreto que regula a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
Os obxectivos que se perseguen con esta Rede son:
a) Información, formación, orientación e asesoramento en temáticas vinculadas ao cooperativismo e a economía social, fomento do autoemprego e o emprendemento a través do acompañamento e asesoramento de proxectos cooperativos e de economía social.
b) Posta á disposición de medios necesarios para o emprendemento, entre os cales se inclúen as instalacións precisas para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
c) Reforzo da presenza de asociacións e entidades de economía social en redes de intercooperación de carácter nacional e internacional para a promoción do cooperativismo e a economía social.
d) Promoción e fomento das tecnoloxías da información e comunicación, así como o impulso da I+D+i e do traballo en rede.
e) Apoio á comercialización e internacionalización, promovendo encontros internacionais e transfronteirizos para o intercambio comercial e a cooperación empresarial.
f) Realización de análises e estudos en temáticas de interese para a economía social, así como para o desenvolvemento local.
g) Elaboración de materiais divulgativos e formativos sobre cooperativismo e economía social.
h) Acompañamento de proxectos empresariais de economía social.
i) Achegamento aos cidadáns dos recursos e infraestruturas das entidades colaboradoras, procurando incrementar a rendibilidade social dos recursos postos á disposición da Rede.
Acceder ó texto do Decreto
Deixar unha resposta