PRÁCTICAS NA DELEGACIÓN DA UNIÓN EUROPEA PARA A ONU EN NUEVA YORK
Destinatarios: Criterios: -Ter un pasaporte válido dun dos 27 Estados membros. -Ter un mínimo de tres anos de estudos universitarios, preferentemente no sector de ciencias políticas, dereito, economía, desenvolvemento, medio ambiente, dereitos humanos ou asuntos humanitarios. -Bo dominio do inglés, deberán enviar un traballo escrito recentemente / informe en inglés ou ter un certificado probando o seu coñecemento do idioma inglés. -Coñecemento doutras linguas (preferentemente francés). -Coñecementos de informática.
Obxecto: Prácticas voluntarias (non remuneradas), os bolseiros traballarán a tempo completo (35-40 horas á semana) durante o seu período de prácticas. Seguirán as actividades dos distintos organismos da ONU, como o Consello de Seguridade, a Asemblea Xeral e as súas diversas comisións, así como o Consello Económico e Social. Os bolseiros poderán optar a unha das moitas bolsas, relacionadas con asuntos políticos, económicos ou sociais, tales como: desenvolvemento e comercio, desenvolvemento sostible, cuestións ambientais, dereitos humanos, dereitos das mulleres e dos nenos, operacións de mantemento da paz, asistencia humanitaria, a reforma da ONU e as finanzas da ONU, o desarme, cuestións legais, etc. Os bolseiros tamén participarán en reunións de coordinación da UE, traballando xunto cos funcionarios da delegación.
Convoca: Delegación da Unión Europea para a Organización das Nacións Unidas, en Nova York.
Prazo: Ata o 15 de xaneiro de para prácticas a partir de setembro ata decembro.
Deixar unha resposta