Nova emprendedora de Arousa Norte 2012


NOVA ERA

Como vemos as mozas e mozos da comarca apostan polo autoemprego. Como exemplo Raquel Figueira Figueira, moza rianxeira que puxo en marcha MARA HOSTELERÍA S.C            

­    Cal foi a túa motivación para emprender ese tipo de negocio?

Nos últimos anos estiven traballando no sector da hostalería e decateime de que se podían ofrecer servizos diferentes. A xente demandaba algo máis que bebidas, tapas e partidos de fútbol.

Estudei con tempo as fortalezas e debilidades do negocio que quería poñer en marcha e os servizos que quería ofrecer.

­    Que servizos ou produtos ofreces á cidadanía?

O bar afincado na zona rural denomínase Nova Era, no senso de cambio de xeración. Realizamos actividades de ocio que achegan a mozos e maiores nun mesmo punto.

Como exemplos os torneos de darnos e de futbolín, as festas de agasallos, os concertos de grupos de rock da zona, obradoiros de maquillaxe e xogos infantís, concurso de disfraces, a fogueira do San Xoán, monólogos de humoristas, xogos musicais, o día do desconto, o amigo invisible en nadal…

Destacamos a feira de 1912 para o cal nos puxemos dacordo cos catro bares da parroquia de Araño. Realmente revivimos a tradición desta parroquia e contamos coa participación de moitos veciños.

O pub que recentemente inauguramos en Rianxo chámase Manhattan e pretende recuperar o ambiente de festa de fin de semana na vila que os mozos demandaban.

Comezamos organizando cursos de baile e seguiremos con concertos e monólogos.

Datos da empresa

Sede social do Bar Nova Era: Contrés nº11-Araño- Rianxo

Sede social do Pub Manhattan: Arrabal- Tanxil nº5 baixo- Rianxo

Email: barnovaera@hotmail.com

Facebook: http://es-es.facebook.com/pages/Nova-Era/167428006682880?v=info

Advertisements
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,752 visitas
Calendario empreg@
Decembro 2012
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Asesor Financiero 27 Xullo, 2017
  • Responsable de Sistemas 27 Xullo, 2017
  • Espècialista en Belleza Spa In Reino Unido 27 Xullo, 2017
  • Auxiliar Administrativo/a. Inglés B2. 27 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Auxiliar Administrativo/a. Inglés B2. 27 Xullo, 2017
  • COMERCIAL TELEFONÍA Y CENTRALITAS PARA GALICIA 27 Xullo, 2017
  • CONSULTOR/A SQL CON FINANCIERO 27 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: