No vindeiro mes de xaneiro a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA vai poñer en marcha a súa programación formativa en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
O obxectivo xeral deste plan de formación de UGACOTA é mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de Economía Social.
Os cursos son os seguintes:
- A túa empresa na rede. Presenza en Web e Redes Sociais relevantes (84 horas)
- Protección de datos de carácter persoal (64 horas)
- Dirección e xestión de proxectos (94 horas)
- Calidade total, xestión empresarial e produtividade (64 horas)
- Xestión de asembleas e reunións (62 horas)
- Xestión de cooperativas (59 horas)
A modalidade destes cursos é a de teleformación. Para obter máis información premede aquí.
Deixar unha resposta