![]() |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu segundo Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos, “Still Being Active”, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea,xunto coa organización Hordaland County Council de Noruega |
A finalidade do proxecto é proporcionar ás persoas de máis de 50 anos de España e Noruega, unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos, habilidades e competencias, sobre todo dixitais, lingüísticas e interculturais, que reforzarán a mensaxe de que a idade non pode parar á xente na súa aprendizaxe. Isto se logrará a través da realización de actividades voluntarias noutro país, mellorando a súa calidade de vida e promovendo a cidadanía activa da Sociedade Europea. A xente de máis de 50 ten que seguir activo, facer cousas, aprender cousas, entendendo que seguen sendo unha parte importante da sociedade e sentindo que poden ser cidadáns activos.Con este proxecto de intercambio de aprendizaxe intercultural, queremos animar á xente de máis de 50 anos, a valorar a contribución que poden facer á sociedade a través das súas ideas, habilidades, enerxía, compromiso e sobre todo a súa experiencia vital, para construír unha sociedade mellor. O reto é empregar a maior parte do gran potencial que a xente alberga. Tamén pretendemos achegar posibilidades de vivir experiencias noutras culturas e así dar a coñecer unha realidade cultural e social máis ampla como é a europea. |
Máis información www.voluntariadogalego.org Facebook voluntariado galego |
Proxecto de voluntariado europeo
Etiquetado con: comisión europea, grundtvig, hordaland county, persoas entre 50 e 70 anos, Still Being Active, voluntariado europeo
Publicado en novas
Publicado en novas
Deixar unha resposta