O vindeiro mércores 19 de decembro, ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) organizará unha formación en Boiro, na Casa da Cultura, sita no Parque da Cachada. O curso abordará temas referidos á Afectividade e ó Autocoñecemento, así como Dereitos das Persoas con Discapacidade. Son obxectivos da formación: a participación, a comunicación, a aprendizaxe do autocoidado e o fomento da mellora da saúde das persoas.
Para este curso haberá 2 grupos:
* Un de 10:00h a 13:30h.
* Outro de 16:30h a 20:00h.
Poden anotarse tanto homes como mulleres con discapacidade e o aforo é de 15 persoas por grupo. A formación é totalmente de balde dado que está financiada pola Deputación da Coruña.
As persoas que estén interesadas en participar, poden inscribirse nos teléfonos 674073092 ou 981574698, ou escribindo ó correo electrónico info@acadar.org
Deixar unha resposta