A Fundación Universia e American Express organizan prácticas dirixidas a universitarios con discapacidade
O Programa Incluye ten como obxectivo ofrecer a universitarios con discapacidade formación práctica e experiencia nun ámbito empresarial que favoreza a aplicación de coñecementos adquiridos na universidade, co fin de lograr unha incorporación efectiva no mercado laboral.
Esta iniciativa está dirixida a estudantes de ADE, Económicas, Dereito e Enxeñerías.
O período de prácticas tuteladas terá unha duración de 12 meses cunha dotación económica de 800 € mensuais.
O prazo de inscrición finaliza o próximo 31 de decembro.
Tes máis información na páxina web do Injuve.
Deixar unha resposta