Presentes nesta Xornada, organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar.
Estanse abordando distintas temáticas relacionadas co cooperativismo como opción con futuro para o desenvolvemento económico e social e para a creación de emprego.
Presentouse a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, onde se explicaron as vantaxes e beneficios que vai aportar esta rede.
Entre os temas analizados, a xornada prestou unha especial atención aos procesos de comercialización e internacionalización e a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións, en particular o comercio electrónico e a presenza en Internet a través dos catálogos de produtos e servizos.
Deixar unha resposta