Convocatoria de prazas de Auxiliares de Conversación de Lingua Española.
O BOE Núm. 300, de venres 14 de decembro de 2012 publica a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas para auxiliares de conversación de lingua española en Centros educativos para o curso académico 2013-2014.
Os Centros Docentes encóntranse en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Nova Zelandia, Portugal e Reino Unido.
Os candidatos deben ser estudantes de último curso ou estar en posesión dunha das titulacións que se relacionan na convocatoria publicada no Boletín Oficial do Estado.
O prazo de presentación de solicitudes é de 25 días hábiles, contados a partir do día 14 de decembro, data de publicación da resolución no Boletín Oficial do Estado.
Deixar unha resposta