No marco do Convenio asinado o pasado 24 de xuño de 2011 entre a Fundación Galicia Europa e Novacaixagalicia, para a realización de actividades conxuntas no ámbito da Unión Europea, convócanse cinco bolsas de formación dirixidas a licenciados ou poseedores de grao universitario para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2013
Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.
A solicitude será remitida por correo certificado con acuse de recibo ou presentada no rexistro da Fundación Galicia Europa (R/ Feáns, 3C baixo 15706 Santiago de Compostela, ou Rue da Loi 38, bte.2 1040 Bruxelles), ata o 26 de decembro de 2012. Atención: co obxectivo de axilizar o proceso de selección de admitidos ás probas que terán lugar o día 4 de xaneiro de 2013, recoméndase enviar copia de toda a solicitude por correo electrónico ao enderezo santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu
Deixar unha resposta