A Fundación Galicia Europa edita un completo manual que recolle a gran oferta formativa da que a mocidade dispón hoxe en día para a realización de prácticas profesionais. Os mozos e mozas atoparán desde as bolsas convocadas pola Fundación Galicia Europa, as consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas e privadas de prestixio, ou institucións da UE; ata aquelas ofrecidas por organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC ou o Banco Mundial. Tamén se inclúen as bolsas de cooperación internacional, con organismos como a AECID, a Cruz Vermella ou Intermon Oxfam, ademáis de bolsas destinadas á ensinanza de idiomas.
Consulte a guía aquí.
Deixar unha resposta