Axudas para contratos predoutorais do Programa “Salvador de Madariaga” no Instituto Universitario Europeo de Florencia (IUE).
1. Obxecto: convócanse oito axudas para contratos predoutorais, distribuídas proporcionalmente nas áreas que se indican no apartado 2 deste artigo. O número de axudas previstas para cada área poderá ser modificado en función dos resultados da avaliación e proposta da Comisión de Selección.
2. As áreas científicas que poderán ser obxecto dos proxectos a realizar no IUE son:
a) Historia e civilización. Reconsiderando a historia de Europa. Historia da expansión europea. Historia da cultura (séculos XV a XX). Historia das ideas e Historia da ciencia. Estado, Economía e Réximes políticos (séculos XV a XX). Historia internacional e Historia da integración europea. Xénero, muller e familia.
b) Economía. Estatística e econometría. Macroeconomía. Microeconomía.
c) Dereito. Europeización do dereito privado. Impacto da constitucionalización e a ampliación sobre o dereito da Unión Europea. Impacto da globalización no dereito internacional e os dereitos humanos: Perspectiva europea.
d) Ciencias políticas e sociais. Transformación de goberno e democracia. Cambio social. Estudo comparativo de políticas públicas. Estruturas políticas e sociais e comportamento. Relacións internacionais e seguridade. Teoría social e política.
Data de incorporación: setembro de 2013 en curso académico e así sucesivamente en anos posteriores en caso de prórroga.
3. Dotación das axudas.
a) Unha dotación económica mensual de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano.
b) Unha axuda de viaxe de incorporación para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700,00 euros cada unha.
c) As axudas durante o cuarto ano serán financiadas polo IUE no importe fixado pola devandita entidade. O contrato subscrito polos beneficiarios coa FECYT continuará vixente durante o cuarto ano e das dotacións mensuais deste descontaranse as retribucións aboadas polo IUE.
d) Os beneficiarios das axudas serán incorporados ao réxime xeral da Seguridade Social e terán a cobertura da asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social.
4.Prazo: do 8 ao 31 de xaneiro de 2013.
Deixar unha resposta