O servizo de Comercio do Concello de Rianxo organiza “Ludonadal: regala comercio local”, unha proposta coa que se pretende favorecer as compras no comercio local. As iniciativas que conforman esta proposta son un servizo de ludoteca para nenos e nenas e animación de rúa, para todos os públicos.
LUDOTECA: Mentras realizas as túas compras no comercio local, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludonadal, onde realizarán manualidades, contos, xogos e moitas outras sorpresas. O lugar onde se desenvolverán as actividades será nos baixos da Biblioteca Municipal Castelao, na Praza de Rafael Dieste, os días 24, 26, 27, 28, 29 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 (agás o 24 e 31 que pecharás as 19:30 e o 5 de xaneiro que permanecerá pechado pola tarde). As inscricións realizaránse na propia ludoteca e poderáse asistir un máximo de dúas horas ao día. A actividades está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
ANIMACIÓN DE RÚA: As túas compras no Comercio Local resultarán máis amenas coa presenza de pallasos e mascotas infantís que estarán animando as rúas e prazas de Rianxo. Poderás saudalos e fotografíarte con eles. Serán os sábados 22 e sábado 29, pola rúas e prazas de Rianxo.
Deixar unha resposta