Seguimos coa acción de difusión dos vídeos de promoción das novas empresas da comarca.
Como víxechedes nestes días, os novos emprendedores explicaban cal fora o seu impulso á hora de emprender, como convertiron unha idea en idea de negocio e sobre todo os servizos que ofrecen.
Agardamos que todos os usuarios do blog colaboren na promoción destes novos emprendedores que buscan abrise un oco no mercado.
Para novos tempos, nóvas fórmulas.
A vosa participación na difusión destes vídeos entre amigos, compañeiros de traballo, familiares e coñecidos que lles poidan interesar os servizos destas empresas pode dar lugar a unha boa campaña de promoción.
Recordade que o DESENVOLVEMENTO LOCAL FAISE ENTRE TODOS.
Deixar unha resposta