Ugacota e Novacaixagalicia, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e as asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacomar e Ucetag, convocan 3 bolsas de xerencia en cooperativas.
O obxecto desta convocatoria é seleccionar cooperativas beneficiarias do programa, e incorporar nelas a persoas recén tituladas para facer prácticas de apoio e mellora xerencial na cooperativa, durante 9 meses a tempo parcial.
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas confrontan a función xerencial. O programa é de carácter gratuíto para a cooperativa.
Dirixido a: cooperativas galegas que teñan interese en mellorar o labor xerencial e que non teñan persoal concreto e/ou profesionalizado para a xerencia .
Prazo de presentación de solicitudes: 11 de xaneiro de 2013.
Máis información en ugacota.coop ou a través deste enlace
Deixar unha resposta