O Museo Nacional do Prado convoca unha bolsa de formación e investigación no marco de colaboración co Meadows Museum de Dallas de Estados Unidos.
No marco deste Acordo de colaboración, o Museo Nacional do Prado convocou unha bolsa de formación e investigación que terá como fin participar durante doce meses nos proxectos desenvolvidos no Laboratorio de Análise da Área de Restauración do devandito Museo.
Ademais, o candidato seleccionado polo Museo do Prado poderá gozar de dúas semanas durante o desenvolvemento da bolsa como persoal invitado no Meadows Museum en intercambio co candidato seleccionado polo Meadows Museum, co fin de brindar ás futuras xeracións de profesionais de museos, a oportunidade de coñecer os sistemas europeo e estadounidense, prepararse baixo a tutela de profesionais de ambos os dous lados do Atlántico e ter acceso ás coleccións e instalacións que reforcen os seus coñecementos xerais acerca da arte de cada Museo.
Condicións: A bolsa dará comezo no momento de inicio da actividade no Laboratorio de Análise, e terá unha duración de doce meses (12) sen posibilidade de prórroga. A contía da bolsa fíxase en 18.000 €. O candidato seleccionado recibirá a devandita cantidade de parte do Museo do Prado en pagamentos mensuais vencidos durante a súa duración.
Prazo: veinte días hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOE (29/12/12)
Deixar unha resposta