Todas aqueles/as traballadores/as que pertencen ó sector da construcción, e por mor da situación económica que estamos a atravesar pasaron a estar en situación de desemprego, anímolles a ler o seguinte artigo:
“Unha cooperativa de construcción mostra que se pode superar a crise do sector”
Trátase dunha cooperativa composta fai 10 anos por 5 albaneis, e anque non son inmunes á crise, están a capear os seus obstáculos e adversidades.
Sería unha opción viable para todos os profesionais do sector que están en situación de desemprego, e que posúen xa o material e maquinaria necesarios para desenvolver a profesión, polo que o investimento non sería tan alto.
Esta é un dos exemplos de cooperativismo que está a manterse fronte a outro tipo de fórmulas empresarias que non conseguiron vencer ao “temporal”.
Se estades nesta situación na Oficina de Fomento Cooperativo de AN queremos botarvos unha man, non deixedes de vir a falar con nós.
Praza de Galicia, s/n – 2ª planta, 15930 Boiro
Deixar unha resposta