En colaboración coa iniciativa Coopera+ da Consellería de Traballo e Benestar, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), vai realizar uns cursos de formación destinados á mellora de estratexias de comercialización de productos e servizos das cooperativas galegas, tanto a nivel nacional como internacional.
O programa formativo consta de dous cursos de iniciación e un terceiro de nivel avanzado, todos eles de carácter gratuito:
- Curso de e-commerce (15 horas de formación on-line)
- Curso de internacionalización (15 horas de formación on-line)
- Curso de comercialización e internacionalización avanzado (40 horas de carácter presencial)
Destinatarios do programa formativo: persoal directivo e comercial das cooperativas agrarias (prazas limitadas).
Para inscribirse ou obter máis información poden poñerse en contacto con Marta Núñez ou Loli Couso no teléfono 981 584 783, a través do mail formacion@cooperamais.org ou na http://www.cooperamais.org.
Deixar unha resposta