A economía social e solidaria estase a dotar de sistemas financeiros alternativos acordes cos seus valores. Nos últimos anos estase a producir un aumento progresivo de persoas que prefiren o beneficio social antes que o monetario, e deciden confiar os seus aforros a entidades que lles din en qué e para qué usan o seu diñeiro.
Tríodos Bank, FIARE-Banca Ética ou Coop57 son unha opción alternativa á banca convencional para aquelas persoas e organizacións que buscan un uso responsable do seu diñeiro acorde cos seus valores.
Segundo datos do Observatorio das Finanzas Éticas, no 2011 había uns 575 millóns de euros en depósitos e uns 600 millóns en préstamos. Os modelos de intermediación financeira que se ofertan no abano da denominada banca ética son distintos nas súas orixes e planteamento pero coinciden en aspectos fundamentais: no canto da economía especulativa promoven a economía real ó entorno máis cercano, practican a transparencia, xa que publican todos os investimentos, e orientan as súas operacións cara os beneficios soicias e medioambientais.
Deixar unha resposta