Esta convocatoria lánzase de novo co obxectivo de servir aos universitarios europeos para iniciar os seus primeiros pasos a nivel profesional no ámbito formativo e práctico.
Os candidatos deben estar en posesión dun título universitario ou de formación superior de polo menos tres anos de duración, despois de ser obtido antes do fin de prazo de admisión de solicitudes.
Os requisitos específicos que debe cumprir son os relacionados cos idiomas. Os seleccionados deberán cumprir unhas funcións determinadas que lles obriga a manexar como lingua materna unha das oficiais da UE, un segundo idioma -que deberá ser inglés, francés ou alemán- e un terceiro que pode ser calquera dos oficiais do órgano comunitario.
As principais tarefas que os subvencionados terán que desempeñar xiran en torno a foros ou encontros públicos, investigacións e recompilación de datos e documentación, entre outras.
Esta convocatoria divídese en dúas fases. A primeira comezará o próximo mes de outubro, pero o prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de xaneiro. Ao igual que nesta, a segunda fase tamén ofrecerá outras 650 bolsas, que comezará en marzo de 2014, sendo os prazos de presentación de instancias no mes de agosto de 2013.
Os subvencionados gozarán dunha dotación económica 1.071 euros mensuais pola realización das súas prácticas. A duración do período formativo está establecido entre os tres e cinco meses.
Podes consultar toda a infomación sobre esta convocatoria na páxina web de Universia.
Deixar unha resposta