A Fundación Caixa Madrid convocou a 16ª edición do programa “Eurobolsas Caixa Madrid”, dirixido a estudantes e titulados de Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, para que teñan a oportunidade de adquirir unha experiencia laboral no estranxeiro e de avanzar no seu coñecemento doutros idiomas, culturas e modos de vida.
A convocatoria do ano 2013 comprende dúas modalidades, excluíntes entre si:
- Convocatoria de 45 Eurobolsas Caixa Madrid para realizar un programa de prácticas laborais de 7 semanas de duración en Reino Unido e Irlanda para estudantes e titulados de Grao Medio e Superior de Formación Profesional Inicial e Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
- Convocatoria de 155 Eurobolsas Erasmus Complementarias Caja Madrid para complementar a bolsa Erasmus concedida pola Unión Europea e o Ministerio de Educación a estudantes de Grao Superior de Formación Profesional Inicial e Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
Para ambas as dúas opcións, o prazo de inscrición é o comprendido entre o 8 de xaneiro e o 15 de febreiro de 2013, ambos os dous inclusive.
Deixar unha resposta