A Reforma do Mercado Laboral


sepeMedidas que establece a Lei 3/2012do 6 de xullo para a reforma do mercado de traballo:

I) INTERMEDIACIÓN LABORAL (art. 1 e disposición transitoria primeira da Lei 3/2012)

As empresas de traballo temporal poderán actuar como axencias de colocación cando conten coa correspondente autorización de acordo co establecido na normativa aplicable.

II) CONTRATO PARA A FORMACIÓN E A APRENDIZAXE (art. 2, 3 e disposicións transitorias sétima, oitava e novena)

contrato para a formación e a aprendizaxeten por obxecto a cualificación profesional dos traballadores nunréxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa con actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

III) CONTA DE FORMACIÓN (art. 2.cinco da LEI 3/2012)

A formación recibida polo traballador ao longo da súa carreira profesional, de acordo co Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e o Marco español de Cualificacións para a Educación Superior, inscribirase nunha conta de formación asociada ao número de afiliación á Seguridade Social, cuxas anotacións efectuarán os Servizos Públicos de Emprego nos termos que se establezan regulamentariamente.

IV) CONTRATO DE TRABALLO POR TEMPO INDEFINIDO PARA EMPRENDEDORES (art. 4 da Lei 3/2012)

contrato de traballo por tempo indefinido de apoio aos emprendedores fomenta a contratación estable por parte dos emprendedores e PEMES, que supoñen máis do 95% do tecido produtivo. Para iso, a norma establece unha serie de bonificacións e deducións fiscais.

V) CONTRATOS A TEMPO PARCIAL (art. 5 da Lei 3/2012)

A partir da entrada en vigor desta Lei os traballadores contratados a tempo parcial poderán realizar horas extraordinarias. O número de horas extraordinarias que poderán realizar será o legalmente previsto en proporción á xornada pactada. As horas extraordinarias computaranse a efectos de bases de cotización e bases reguladoras das prestacións. En todo caso, a suma de horas ordinarias, extraordinarias e complementarias non poderán exceder do límite legal de traballo a tempo parcial.

VI) TRABALLO A DISTANCIA (art.6 da Lei 3/2012, que modifica o artigo 13 do Estatuto dos Traballadores)

Os traballadores a distancia terán os mesmos dereitos que os que prestan servizos no centro de traballo da empresa. O empresario deberá establecer os medios para asegurar o acceso efectivo destes traballadores á formación profesional para o emprego a fin de favorecer a súa promoción profesional. Así mesmo deberáselles informar da existencia de postos de traballo vacantes para o seu desenvolvemento presencial nos seus centros de traballo.

VII) BONIFICACIÓNS DE COTAS POR TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS EN PRÁCTICAS, DE REMUDA E DE SUBSTITUCIÓN (art .7 da Lei 3/2012)

As empresas que teñan menos de 50 traballadores no momento de producirse a contratación, incluídos ostraballadores autónomos e as sociedades laborais e cooperativas ás que se incorporen traballadores como socios traballadores ou de traballo, sempre que estas últimas optasen por un réxime de Seguridade Social propio de traballadores por conta allea, e transformen en indefinidos contratos en prácticas á finalización da súa duración inicial ou prorrogada, de remuda e de substitución por anticipación da idade de xubilación, calquera que sexa a data da súa celebración, terán dereito a unha bonificación na cota empresarial á Seguridade Social de 41,67 euros/mes (500 euros) durante tres anos. En caso de mulleres, ditas bonificacións serán de 58,33 euros/mes (700 euros/ano).

VIII) MEDIDAS DE APOIO Á SUSPENSIÓN DE CONTRATOS E Á REDUCIÓN DE XORNADA E RÉXIME APLICABLE AOS EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO EN TRAMITACIÓN OU CON VIXENCIA NA SÚA APLICACIÓN Á ENTRADA EN VIGOR DESTA LEI (art.15 e Disposición transitoria décima da Lei 3/2012)

As solicitudes de regulación de emprego presentadas desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013.

As empresas terán dereito a unha bonificación do 50% das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, devindicadas polos traballadores en situacións de suspensión de contrato ou redución temporal de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou forza maior, incluídas as suspensións de contratos colectivas tramitadas de conformidade coa lexislación concursal. A duración da bonificación será coincidente coa situación de desemprego do traballador, sen que en ningún caso poida superar os 240 días por traballador.

Para a obtención da bonificación será requisito necesario que o empresario se comprometa a manter no emprego aos traballadores afectados durante polo menos un ano con posterioridade á finalización da suspensión ou redución.

ERES EN TRAMITACIÓN OU VIXENTES Á ENTRADA EN VIGOR DA LEI 3/2012

  • Os expedientes de regulación de emprego en tramitación a 12 de febreiro de 2012 rexeranse pola normativa vixente no momento do seu inicio.
  • Os expedientes de regulación de emprego, resoltos pola Autoridade laboral e con vixencia na súa aplicación ao 12 de febreiro de 2012 rexeranse pola normativa en vigor cando se ditou a resolución do expediente.

IX) NOVAS BONIFICACIÓNS DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL

  • Por novas altas de familiares colaboradores de traballadores autónomos (Disposición adicional undécima Lei 3/2012), bonificación do 50% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima do tipo correspondente de cotización vixente en cada momento no réxime especial de traballo por conta propia que corresponda, durante os 18 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta.
  • Pola contratación indefinida de vítimas do terrorismo (Disposición final décimo cuarta Lei 3/2012), bonificación mensual da cota empresarial á Seguridade Social de 125 euros, (1500 euros/ano) durante 4 anos. En caso de contratación temporal a bonificación será de 50 euros mensuais, (600 euros/ano), durante toda a vixencia do contrato.
  • Medidas de apoio á prolongación do período de actividade dos traballadores con contratos fixos descontinuos (Disposición adicional duodécima Lei 3/2012): As empresas dedicadas a actividades encadradas nos sectores do turismo, comercio vinculado ao mesmo e hostalaría que xeren actividade produtiva nos meses de marzo e de novembro de cada ano e que inicien ou manteñan de alta durante os devanditos meses a ocupación dos traballadores con contratos de carácter fixo descontinuo poderán aplicar unha bonificación nos devanditos meses do 50% das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, así como polos conceptos de recadación conxunta de desemprego, Fogasa e Formación profesional dos devanditos traballadores.

X) MEDIDAS APLICABLES AOS BENEFICIARIOS DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO APROBADAS POLA LEI

As medidas que contén a Lei 3/2012, que se poden aplicar a beneficiarios de prestacións serían as seguintes:

  • Programa de substitución de traballadores en formación por traballadores beneficiarios de prestacións por desemprego (art. 2.seis): Os desempregados que sexan beneficiarios de prestacións poderán ser contratados por calquera empresa para substituír a traballadores desta mentres participan en accións de formación. O beneficiario de prestacións estará obrigado a participar neste programa de substitución, sempre e cando o traballo a desempeñar se considere unha colocación adecuada, de acordo á normativa.
  • Contrato por tempo indefinido de apoio a emprendedores (art.4): Os beneficiarios de prestación contributiva poden acollerse a este contrato, sempre que percibisen polo menos tres meses da mesma no momento da contratación. Ademais, se o desexa o traballador, poderá compatibilizar cada mes, xunto co salario, a percepción do 25% da prestación contributiva que estivese a percibir e que tivese pendente de consumir no momento da contratación.
  • Reposición do dereito á prestación contributiva (art.16): Consiste en repor ao traballador o mesmo número de días de prestación por desemprego consumidos durante a suspensión do contrato ou redución da xornada de traballo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción e posteriormente proceda á extinción da relación laboral debido a un despedimento colectivo, co límite máximo de 180 días.
Advertisements
Etiquetado con: , , , , , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,691 visitas
Calendario empreg@
Xaneiro 2013
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Vendedor@s (Campaña Verano) 24 Xuño, 2017
  • Dependientes/as días sueltos 24 Xuño, 2017
  • Auxiliar Ayuda a domicilio 24 Xuño, 2017
  • Promotor para campañade verano 24 Xuño, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • ASESOR DE SERVICIO POSVENTA AUTOMOCIÓN. 23 Xuño, 2017
  • GESTOR/A INCIDENCIAS 23 Xuño, 2017
  • Comercial Punto de Venta Telefonía y Backup 23 Xuño, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: