A UNED impartirá un curso online gratuíto de inglés profesional.
Realizarase a través de Miríade X, unha recén estreada plataforma de Cursos Online Masivos en Aberto (COMA).
O horizonte profesional preséntase cada vez máis internacional e é, polo tanto, imprescindible que os membros da nosa sociedade poidan interactuar competitivamente no ámbito da súa profesión e proxectarse como falantes competentes de inglés, o que sen dúbida supoñerá un factor de progreso cualitativo no seu éxito profesional e o da súa empresa. Para iso, preparouse un curso aberto de nivel intermedio que ofrece unha forma eficaz e flexible de practicar, desenvolver e aplicar a armazón de capacidades comunicativas orais e escritas que necesita o profesional de hoxe.
O único requisito previo para a realización deste curso é que os estudantes teñan un nivel intermedio de inglés xeral de partida.
Terá unha duración de 12 semanas e comezará o próximo 31 de xaneiro.
Podes inscribirte a través desta páxina web.
Deixar unha resposta