Curso para asociacións: xestión de subvencións


logo Deputación en jpgAccións formativas sobre Xestión en Xustificación de subvencións. Destinatarios: Persoal directivo e xestores de asociacións, clubes deportivos e fundacións

Formulario de preinscrición

Xa desde o ano 2006 a Deputación da Coruña vén ofertando todos os anos accións formativas destinadas ao persoal directivo e administrativo das entidades non lucrativas (asociacións, clubs deportivos, fundacións, confrarías, etc.), coa finalidade de que os responsables de presentar solicitudes de subvencións coñezan os requisitos de cada un dos programas que anualmente se ofertan no ámbito cultural, deportivo, de promoción económica e de servizos sociais;  así como logo, unha vez  concedida a subvención, coñezan a normativa aplicable  na execución da actividade ou proxecto subvencionado e para a súa correcta xustificación posterior, de xeito que non se produzan dilacións indebidas nos pagos nin existan responsabilidades a depurar nun posible control posterior a través dos Plans de auditorías que aproba e executa anualmente a Intervención Provincial.

Ao longo destes anos, os cursos impartidos polos responsables do control financeiro en distintas localidades da provincia tiveron unha asistencia moi numerosa, expediuse un diploma acreditativo a máis de 2.000 persoas. Por iso, conscientes da boa acollida destes, o Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o pasado día 21 de decembro de 2012, acordou que ao longo do exercicio 2013 se volvan ofertar  accións formativas aos beneficiarios de subvencións, con especial atención ao cumprimento da normativa contable e o coñecemento da nova versión da aplicación informática CONTADOADA II.

As persoas interesadas en asistir a estes cursos formativos e recibir a formación necesaria para a correcta xestión e xustificación das subvencións, deberán realizar a preinscrición nesta páxina web, no que indicarán, entre outros, a entidade á que pertencen e a localidade na que desexan que se imparta a acción formativa. Unha vez que se reciban un mínimo de vinte solicitudes procedentes de cada localidade, organizarase o curso, informaráselles ás persoas solicitantes do lugar e horario. Co fin de poder compatibilizar a asistencia cos horarios máis comúns de traballo, os cursos impartiranse os sábados, de 10 a 14 horas ou os venres de 16.30 a 20.30 horas, segundo a preferencia indicada maioritariamente en cada localidade de celebración.

Advertisements
Etiquetado con: , , , ,
Publicado en novas
2 comentarios en “Curso para asociacións: xestión de subvencións
  1. Luis Castro Silva di:

    Estou interesado neste curso xa que son o administrador dunha Apa. A preferencia é indistinta, tanto o venres coma o sabado.

  2. arousanortempreg@ di:

    É un curso da Deputación, tes que inscribirte no formulario de preinscripción que puxen no post

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,749 visitas
Calendario empreg@
Xaneiro 2013
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Director/a Comercial Franquicia 25 Xullo, 2017
  • Demi Chef De Partie para Reino Unido 25 Xullo, 2017
  • Comercial 25 Xullo, 2017
  • Planchador/a pantalón de traje 25 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • FORMACIÓN .NET + CONTRATACIÓN BARCELONA 25 Xullo, 2017
  • Desarrollador iOS: Objective-C * 25 Xullo, 2017
  • encargado de barra para fast food gourmet 25 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: