PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA. Convocatoria
Requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008)
4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
Matrícula:
– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Centros en Santiago de Compostela serían:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3.
As probas realizanse en sesións de mañá e tarde os días 31 de maio e 12 de setembro para as respectivas convocatorias
Deixar unha resposta