O Instituto Internacional en España e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Programa Fulbright) anuncian a convocatoria de tres bolsas parciais (bolsas de viaxe), que levan o nome da hispanista norteamericana Ruth Lee Kennedy.
As bolsas están destinadas a mulleres universitarias que queiran ampliar coñecementos ou investigar en centros de ensino superior nos Estados Unidos de América.
Requisitos: ser muller e ter nacionalidade española ou doutro país membro da Unión Europea. Ter obtido a licenciatura ou o doutorado nunha universidade española en xuño de 2006 ou en data posterior. Posuír un excelente coñecemento do idioma inglés – falado e escrito.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de Febreiro de 2013.
Convocatoria e máis informacion, na web de Fulbright
Deixar unha resposta