Creado pola Fundación ONCE e a súa entidade de inserción laboral, FSC Inserta, o Plan “No Te Rindas Nunca” está destinado a mozos/as con discapacidade que teñan entre entre 16 e 29 anos.
Trátase dun plan personalizado de emprego, que inclúe cursos de formación e accións de intermediación laboral coas empresas. O seu obxectivo é facilitar a inserción ao mundo do traballo aos mozos con minusvalidez, poñendo ao seu alcance todos os medios dos que dispón FSC Inserta.
Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo a través do Programa “Por Talento”.
Se tes entre 16 e 29 anos, estás desempregado, e tes un certificado de discapacidade de grao igual ou superior ao 33%, ou tes recoñecida unha incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, deixa os teus datos no formulario da sección Inscríbete..
A empresas tamén poden participar incorporando as súas ofertas de traballo á bolsa de emprego do Plan.
Tes toda a información que necesitas nesta páxina web.
Deixar unha resposta