Convocatoria Bases reguladoras
O obxecto desta Orde é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 5 bolsas de formación e perfeccionamento técnico-profesional no ámbito das competencias que exerce a Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira, da Secretaría Xeral de Pesca, para titulados universitarios, nas seguintes áreas de coñecemento:
a) Tres bolsas na área de coñecemento da economía pesqueira.
b) Unha bolsa na área de coñecemento da política estrutural pesqueira.
c) Unha bolsa na área de coñecemento de control e inspección pesqueira.
Requisitos:
Estar en posesión do título de licenciado ou enxeñeiro, obtido nos catro anos anteriores á publicación da convocatoria, ou en condicións de obtelo antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non ter cumprido trinta anos o día de publicación da convocatoria.
e) Coñecementos de inglés e/ou francés.
f) Coñecementos específicos relacionados coas áreas de coñecemento enumeradas no artigo 1 desta orde.
g) Manexo a nivel de usuario dos programas informáticos de tratamento de texto, folla de cálculo e presentacións.
Condicións: a duración das bolsas será dun ano, podendo prorrogarse ata un máximo de catro, a criterio da Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira, sempre e cando nos seguintes exercicios exista dotación orzamentaria abondo.
A contía íntegra individual da primeira anualidade é de 13.404 euros, pagadoira en doce mensualidades, á que se lle aplicarán os descontos e retencións que procedan de acordo coas disposicións vixentes
Prazo de presentación: ata o 13 de febreiro (10 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación, cóntanse sábados pero non domingos e festivos)
Deixar unha resposta