Como cada ano, o Consello de Dirección de Censolar, continuando no seu labor de difusión do coñecemento e uso da enerxía solar en España, convoca vinte bolsas para que, de forma totalmente gratuíta, outras tantas persoas poidan cursar, durante o ano 2013-2014 e en réxime de ensino a distancia, os estudos conducentes á obtención do diploma de Proxectista Instalador de Enerxía Solar.
Os candidatos deben residir na Unión Europea e posuír uns coñecementos técnicos previos de grao medio, valorándose outros niveis.
O prazo de solicitude finaliza o 28 de abril de 2013.
Podes ampliar a información na páxina web do Injuve.
20 bolsas para Diploma de Proxectista-Instalador de Enerxía Solar
Etiquetado con: bolsas, censolar, diploma, ensino a distancia, proxectista-instalador, solicitude
Publicado en novas
Publicado en novas
Deixar unha resposta