Información: por undécimo ano consecutivo, a Fundación ICO anuncia a convocatoria do Programa Fundación ICO-Bolsas China, cuxo obxectivo é facilitar a profesionais españois e estranxeiros residentes en España un achegamento a China no ámbito lingüístico e económico co fin de favorecer as relacións entre ambos os dous países.
Concederanse 25 bolsas de estudo cunha duración de 9 meses. O programa consiste nun curso académico nunha universidade chinesa. Ten por obxecto o estudo do chinés mandarín e, a través de clases que se impartirán en chinés ou inglés, de materias relativas á realidade xurídica, económica ou comercial dos negocios en China.
Requisitos: persoas con nacionalidade española ou que se encontren nalgunha das situacións sinaladas no artigo 9 da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social. Ter nacido con posterioridade a 1973 (a partir do 1 de xaneiro de 1974). Estar en posesión do título de grao, licenciado ou enxeñeiro superior.
Período de inscrición: do 18/1/2013 ao 18/2/2013
Deixar unha resposta