Este venres, 15 de febreiro, a Oficina de Fomento Cooperativo de Arousa Norte, vai realizar unha Xornada denominada A Empresa Cooperativa para os alumnos do 2º curso dos ciclos formativos de Administración e Finanzas e Xestión Administrativa do IES Leliadoura, en Riveira.
O obxectivo principal da charla é divulgar os valores cooperativos no ensino, e nela abordaránse as cooperativas de traballo asociado como opción de emprendemento que está a causar mellores resultados na contorna socioeconómica na que nos atopamos.
Deixar unha resposta