A fundación Everis abre a convocatoria do Premio Emprendedores 2013 coa intención de seguir fomentando a aparición de novos emprendedores avalados ou descubertos por académicos de recoñecido prestixio e que facilite o financiamento de proxectos empresariais con claros obxectivos de innovación, viabilidade e beneficio para a sociedade.
O premio facilita o financiamento de proxectos empresariais de innovación tecnolóxica, de xestión social ou ambiental.
A fundación Everis premiará os gañadores cunha dotación económica de 60.000 euros, para o desenvolvemento e lanzamento da empresa. Así mesmo, poderase conceder un accésit aos proxectos que quedasen finalistas, dedicando a este fin a cantidade de 40.000 euros. Como aliciente, algúns dos proxectos finalistas que polo seu valor se consideren susceptibles de facerse realidade pode que conten co apoio, asesoramento e seguimento da Fundación Everis.
Este ano, como novidade, os candidatos deberán presentar un vídeo que explique o proxecto.
Prazo de inscrición: ata o 2/6/2013
Convocatoria e máis información
Deixar unha resposta