O Banco de España abre unha convocatoria para a realización de traballos de investigación sobre economía.
A convocatoria ten por obxecto a selección de ata cinco proxectos de traballos de investigación sobre economía, para realizar no propio Banco de España.
Os proxectos de investigación presentados deberán estar dentro do ámbito da economía aplicada,preferentemente nas áreas de macroeconomía, política monetaria, economía internacional,econometría, banca, finanzas ou mercado de traballo, e haberán de expresar os prazos e sistemática previstos para a súa realización.
Aos candidatos que presenten os proxectos que resulten seleccionados faráselles unha oferta de emprego laboral de carácter temporal específica, para que poidan levar a efecto os traballos de investigación detallados na súa memoria.
A data límite de presentación dos proxectos é o 27 de Marzo de 2013.
Deixar unha resposta