AJE Pontevedra lanza un OBRADOIRO de 4 seminarios para potenciar o Emprendimento e dirixido a 15 persoas que estean valorando a posibilidade de emprender ou reorientar a sua aventura empresarial.
Este obradoiro para emprendedores busca orientar ás persoas que teñen un proxecto empresarial para que poidan evaluar a viabilidade ou non da devandita idea:
– Pode ser un bo negocio?, a quen e como debo orientarme comercialmente?, etc
– Que forma xurídica é a máis adecuada para o meu proxecto?, que obrigacións teño coa Administración: fiscais, tributarias?, etc
– Como debo organizarme?, teño definidos adecuadamente os procesos internos?, etc
– Que aspectos financeiros debo coñecer?, cal é o meu punto de equilibrio para ser rendible?, etc
O obradoiro se estrutura en 4 seminarios, os cales comezarán o martes 05 de Marzo, en horario de tarde, o contido dos mesmos é:
Seminario 1: Día 5 de Marzo. “Relación coa Administración: Forma Xurídica e Obrigacións da administración”.
Seminario 2: Día 12 de Marzo. “ Define o teu modelo de Negocio e o teu Modelo Comercial”
Seminario 3: Día 19 de Marzo. “Organización e procesos claves nas empresas”
Seminario 4: Día 2 de Abril. “Finanzas para non financeiros”
Estes seminarios están impartidos por ponentes que combinan, tanto unha experiencia práctica na xestión de empresas, con experiencia no asesoramiento e formación a empresas e que na maioría dos casos, están asociados a AJE Pontevedra.
Taller emprendimiento + Titor durante 2 meses a partir da finalización do taller + 3 meses de cota de AJE gratis = 40€
Para máis información contactar con AJE Pontevedra a través de e-mail info@ajepontevedra.com ou ben no teléfono 986 862 550.
Pulsa aquí para descargar o contido de cada seminario
Deixar unha resposta