Hoxe, ás 13.30 horas, no Auditorio Municipal de Rianxo, procederáse á presentación inaugural da exposición Descubre as Cooperativas.
É a oportunidade perfecta de descubrir o funcionamento desta fórmula empresarial que ofrece unhas vantaxes e uns valores sociais que a diferencian de outro tipo formas xurídicas.
A través de paneis informativos e pantallas interactivas poderás coñecer o seu funcionamento, os distintos tipos e as posibilidades de creación de autoemprego que ofrecen dentro de calquer actividade empresarial.
Permanecerá exposta ata o día 9 de marzo, en horario de 10h a 14h e de 16h a 20h.
Non te quedes coas dúbidas e acude a visitala. Cabe a posibilidade de solicitar visitas guiadas!
Deixar unha resposta