- Non estás fart@ de que os bancos teñan enganadas a moitas persoas co tema das preferentes?
- Non tes a impresión de que estamos a pagar nós a súa crise?
- Non repudias o xeito de que teñen de despexar á xente da súa vivenda cando teñen centos de pisos baleiros?
- Dóenche os investimentos que fan en empresas de armamento ou antiecolóxicas?
Estes motivos son os que levan á ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Riveira a organizar unha charla informativa sobre a Banca Ética á que poden asistir todas aquelas persoas que estén interesadas en saber máis sobre outro modelo de facer banca. Será mañá, sábado día 9 ás 19:30 (sete e media da tarde) no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribeira.
Participarán Iñaki Varela promotor do Grupo de Iniciativa Territorial Galiza Norte de Fiare e Ramón Carmelo da Cooperativa de Aforro Coop57.
Deixar unha resposta