O Concello de Rianxo publicou o anuncio para a creación de dúas listas de contratación temporal, unha para PERSOAL DE LIMPEZA e outra para PERSOAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
As instancias para participar nestas listas poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación a ter en conta.
O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello remata as 14:00 h do xoves día 21 de marzo. No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do Concello, sexa nalgún rexistro autorizado da Xunta de Galicia ou nalgunha oficina de correos, será necesario que o xustificante do rexistro sexa adiantado por fax ao núm. 981.866.628 ou 981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.
Información completa:
Bases de selección para unha lista de contratación temporal de persoal de limpeza.pdf Instancia
Bases da lista de contratación temporal de persoal para o SAF Instancia
Deixar unha resposta