A Comisión Nacional da Competencia é un organismo público encargado de preservar, garantir e promover a existencia dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito nacional, así como de velar pola aplicación coherente da Lei de Defensa da Competencia.
Este organismo acaba de convocar sete bolsas cunha dotación de 13.500 euros brutos por bolsa convocada e unha duración de nove meses.
Un requisito indispensable é estar en posesión de titulación universitaria superior (licenciatura, grao ou equivalente) nos campos do Dereito, a Economía ou a Empresa, obtida no ano 2011 ou posteriores.
As solicitudes presentaranse no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado ( ata o 2 de abril).
Deixar unha resposta