Acreditación de competencias profesionais


acreditación profesional

REQUISITOS PARA ACCEDER A ESTE PROCEDEMENTO:

A. Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadá ou cidadán da Unión Europea, ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
B. Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
C. Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:
c.1. No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres anos cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para as unidades de competencia de niveis II e III e, para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
c.2. No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de compencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.
D. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego polo que teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia que agora se convocan. Para todo isto, presentarán declaración xurada.
2. As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na alínea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentaran a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. Unha comisión de coordinación será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.

FASES DO PROCEDEMENTO:

FASE I. Asesoramento

Nesta fase, un asesor ou unha asesora axúdache a compilar todas as probas que poidas achegar para defender a túa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Tamén realizarás un test de autoavaliación.

FASE 2. Avaliación das competencias profesionais

A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que achegaches no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.

FASE 3. Acreditación e rexistro das competencias

Cando superes o proceso de avaliación obterás unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que demostraches a túa competencia profesional.

CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS DO CATÁLOGO NACIONAL POR FAMILIA PROFESIONAL:

Pincha na túa familia profesional e fíxate nas condicións de formación da túa acreditación de competencias.
 

Máis información

Novidade!  Existen un total de 587 títulos dos que, a partir de agora, 250 se van a impartir pola modalidade de “e-learning.”Véxase noticia.

Advertisements
Etiquetado con: , , , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,832 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2013
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • EJECUTIVO/A DE CUENTAS SECTOR TELECOMUNICACIONES CORUÑA 23 Setembro, 2017
  • Asesores de Cosmética 23 Setembro, 2017
  • Domiciliary / Home Care Assistants – Close to London 23 Setembro, 2017
  • Monitores tiempo libre, animadores infantiles... 23 Setembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: