En Abril, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota, continúa levando a cabo actividades da súa Programación Formativa da Rede Eusumo.
Trátase de formación en modalidade presencial e gratuíta (porque está financiada con fondos públicos), e ten como meta ofomento do cooperativismo e da economía social.
Están previstos 4 cursos nos Centros da Rede Eusumo ubicados en Vigo e en Razamonde (Ourense). A continuación tedes a relación de cursos que impartiremos.
CENTRO DA REDE EUSUMO – FUNDACIÓN COREN:
- Formación cooperativa para emprender en colectivo
- Por que non traballamos en equipo? Habilidades para contornos cooperativos
CENTRO DA REDE EUSUMO – CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO
3. Elabora o teu plan de empresa cooperativo.
4. Formación cooperativa para emprenser en colectivo
Máis información : ugacota.org
UGACOTA SANTIAGO | Telf. 981 57 55 78 E-mail: contabilidad@ugacota.org
UGACOTA VIGO | Telf. 986 13 65 92 E-mail: nuria@ugacota.org
Colaboran: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo- Cámara de Comercio de Vigo – Fundación Coren – Fundación Terra de Trasancos
Deixar unha resposta