A Oficina de Fomento Cooperativo de Arousa Norte continúa na súa labor de promoción e divulgación dos valores do cooperativimos e economía social.
Tras colaborar co Concello de Rianxo, co IES Leliadoura (Riveira) e coa Cruz Vermella de Boiro, o vindeiro luns estará no Obradoiro de Emprego Vionta de Riveira para ofrecer unha visión das cooperativas como oportunidade de emprego e de creación de riqueza aos seus alumnos.
Contará co apoio da Asociación Empresarial de Sociadades Laborais de Galicia (AESGAL), que se ocupará de explicar esta fórmula (sociedades laborais) como outra opción de emprendemento máis beneficiosa para os seus socios.
Ámbas, cooperativas e sociedades laborais, son empresas de economía social, cuias características fundamentais son:
- Primacía das persoas e do fin social sobre o capital, que se concreta en xestión autónoma e transparente, democrática e participativa, que leva a darlle prioridade á toma de decisións máis en función das persoas e as súas aportacións de traballo e servizos prestados á entidade ou en función do fin social, que en relación ás súas aportacións ao capital social.
- Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica principalmente en función do traballo aportado e servicio ou actividade realizada polas persoas socias ou polos seus membros e, no seu caso, ao fin social obxeto da entidade.
- Promoción da solidaridade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, a xeracion de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a sostibilidade.
- Independencia respecto aos poderes públicos.
Outras entidades de economía social son as mutualidades, os centros especiais de emprego, as empresas de insercion, asa confrarías de pescadores, as asociacións e fundacións.
En definitica, a empresa de economía social é un claro exemplo de como a racionalidade e o progreso social son compatibles, de cómo a eficiencia empresarial pode convivir coa responsabilidade social. De cómo outra forma de facer empresa é posible.
Deixar unha resposta