Esta convocatoria ten por obxecto a realización dun proxecto innovador, artístico ou de investigación, por creadores, investigadores, restauradores españois, da Unión Europea e iberoamericanos, para o que ademais do importe mensual da bolsa se proporcionará residencia en réxime de aloxamento na Academia de España en Roma durante os meses de concesión da bolsa.
A duración das bolsas será do 1 de outubro de 2013 ao 30 de xuño de 2014 por trimestres naturais acumulables. Poderanse solicitar, polo tanto, bolsas para períodos de tres, seis ou nove meses, de acordo co tempo que se requira para a realización do proxecto.
Poderanse conceder bolsas nas seguintes especialidades:
- Escultura.
- Pintura.
- Fotografía.
- Video-creación.
- Cine.
- Gravado.
- Deseño.
- Deseño de moda.
- Deseño gráfico e netart.
- Arquitectura.
- Música e musicoloxía.
- Artes escénicas.
- Literatura (Bolsa Val-Inclán).
- Cómic.
- Estética: teoría, filosofía e crítica da arte.
- Museoloxía e comisariado de exposicións.
En colaboración coa Fundación Rafael del Pino, concederanse bolsas na especialidade de Arquitectura en Restauración do Patrimonio Artístico e Cultural.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será dende o día 16 de abril ao 30 de abril de 2013.
Deixar unha resposta