Bases da convocatoria e impresos
O obxecto da presente convocatoria e a concesión de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2013-2014, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:
Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas.
Área de ciencias: 4 bolsas.
Área de ciencias da saúde: 4 bolsas.
Área de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas.
Área de artes e humanidades: 5 bolsas.
Requisitos:
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que, tendo a súa residencia na provincia da Coruña cunha antigüidade mínima dun ano, pretendan realizar un traballo de investigación e reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan:
3.1.–Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.
3.2.–Acreditar, como mínimo, un ano de residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado de empadroamento no que conste expresamente a data de empadroamento ou a antigüidade mínima dun ano. A data de expedición do certificado será posterior á da publicación desta convocatoria no BOP.
3.3.–Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, aínda que o proxecto sexa diferente ao da solicitude.
As bolsas se aboarán en dous prazos:
75% (5.718,75 €) despois da presentación da documentación sinalada no apartado 7.6 desta convocatoria.
25% (1.906,25 €) despois da presentación da memoria final da investigación realizada.
Os pagos realizaranse por transferencia bancaria á conta indicada polo bolseiro.
Presentación: ata o 20 de maio.
Deixar unha resposta