Non esquezades hoxe achegarvos ata o Auditorio municipal de Rianxo, ás 17 horas, á Charla-Coloquio OPORTUNIDADES NO SECTOR AGRARIO, que impartirá HORSAL, Sociedade Cooperativa Galega.
Tanto se estades desempregados, como pensando en adicarvos ao cultivo de productos hortofrutícolas, podedes no día de hoxe coñecer as oportunidades de negocio que existen neste eido e atopar as respostas a cómo profesionalizar o sector.
Non é preciso que vos inscribades. Podedes solicitar máis información no 981 845 236.
Deixar unha resposta